éstas son algunhas das que temos para ti...
CARDIO
O entrenamento de cardio, realizase utilizando diferentes máquinas, como a cinta de correr, elíptica, bicicleta estática, etc.
O beneficio fundamental do traballo de cardio é, entre outras cousas, axudar o teu corazón a que funcione mellor, e contribuir a mellorar a capacidade respiratoria.
Os monitores de Ximnasio Breogán deseñarán a rutina de exercicios que mellor se adapte a ti.
Entrenamento con pesos e máquinas
Os exercicios de levantamento de pesas, proporcionan unha ventaxa para desfacerte da graxa máis rebelde. Axudan a eliminar o estrés, evitar enfermidades do corazón, ademáis de tonificar e moldear a túa figura.
¿A qué esperas para probar?
Zumba
Zumba é unha disciplina de baile moi divertida, que poden practicar tanto homes como mulleres. Incrementa a túa enerxía, mellora a coordinación e a condición física, da benestar ó corpo, reduce a graxa, o estrés e aumenta a autoestima.
En Ximnasio Breogán impartimos clases de zumba, os Luns e Mércores.
Kárate e Kickboxing
As artes marciais son un conxunto de prácticas que funcionan en base a unhas técnicas e tácticas. Múltiples son os beneficios que podemos destacar para a saúde, tanto física como mental. Entre elas podemos atopar, reducción de peso, fortalecimento muscular, control do equilibrio, coordinación, entre outros.
Bailes de salón
O baile é una maneira de manterse en forma apta para todas as idades. Ademáis de ser divertido, ¿sabías que ten moitos beneficios positivos para a saúde? Toma nota:
Fortalece o sistema muscular, beneficia a saúde do corazón, disminúe as posibilidades de desenrolar osteoporosis, axuda a manter un peso saudable, aumenta a autoestima e confianza nun mesmo, axuda a sociabilizar, etc.